sábado, 4 de octubre de 2025
Día Mundial dos animais (4 de Outubro/2025)
Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e recuperación da fauna. Alí, o alumnado coñeceu de primeira man o traballo que realizan para protexer e rehabilitar animais, moitos deles rescatados de situacións de perigo. Durante a visita, vimos aves rapaces, réptiles e mamíferos, e aprendemos sobre a importancia de respectar o medio ambiente e a biodiversidade.
martes, 30 de septiembre de 2025
Día Mundial contra o desaproveito de alimentos (29 de Setembro/2025)
O pasado 29 de Setembro celebrouse o Día Mundial contra o desaproveito de alimentos e os alumnos de Infantil visualizaron uns vídeos e fixeron diferentes actividades na aula para concienciarse do desperdicio e mala distribución dos alimentos no noso planeta.
lunes, 28 de octubre de 2024
Día contra o Cambio Climático
O pasado día 24 as nenas e nenos de Ed. Primaria celebraron o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de vídeos e diferentes actividades nas aulas, o principal obxectivo foi o de concienciar os alumnos sobre as súas devastadoras consecuencias no noso planeta. Lembramos a importancia nesta data de xerar novas formas de consumo responsable e frear os efectos nocivos da contaminación, así como de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de minimizar os efectos deste fenómeno.
lunes, 29 de abril de 2024
Saída de infantil ao CIPX
O alumnado de 6º e 5º de Educación Infantil realizou unha saída ao CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela) no que participaron no obradoiro "Horta na escola". Tiveron a oportunidade de plantar unhas sementes propias da época do ano, as cales trouxeron para clase para así seguir co seu coidado e observación do proceso de crecemento. Foi unha actividade na que os nenos/as desfrutaron moito en contacto coa natureza.
viernes, 5 de abril de 2024
Día da árbore 21 de marzo
21 de marzo celebrouse o Día da Árbore e para conmemoralo os nenos e as nenas de Educación Infantil puxeron o seu gran de area plantando unha árbore por cada nivel. Coa chegada do bo tempo primaveral fixemos a nosa primeira visita á horta do colexio que nos deixou moi ilusionados para volver de novo.
jueves, 8 de febrero de 2024
ACTIVIDADE SOBRE O LIXO MARIÑO (1ª SESIÓN) - 1ºESO
Esta semana, o alumnado de 1º da ESO participou nunha actividade sobre a problemática do lixo mariño, organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Consistiu nunha presentación breve onde se expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, para adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos reducir ou tentar mitigar os seus efectos.
Á volta do entroido terán a segunda sesión, na que se fará un obradoiro na aula.
viernes, 26 de enero de 2024
Visita de los alumnos de 1º de Bachillerato a la exposición Hábitats.Ciudad de la Cultura
Esta exposición es una experiencia sensorial inmersiva que atraviesa 9 espacios naturales muy representativos y de gran importancia para la diversidad de nuestro planeta Tierra.
Los alumnos pudieron observar e interactuar con diferentes especies de animales en sus propios hábitats gracias a las gafas de realidad virtual.
El objetivo de esta exposición es conseguir que los visitantes desarrollen una empatía por el medioambiente y que entiendan la trascendencia de su conservación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e r...
-
En Infantil se visualizaron diferentes vídeos: https://www.youtube.com/watch?v=FeKld35Pxhg https://www.youtube.com/watch?v=J9qSv2bwr9o (...
-
A semana pasada os alumnos de 2º de primaria visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Alí fixeron un obradoiro s...




















