martes, 23 de junio de 2026

Visita ao Lavadoiro de Picaños e ao Parque do Lago

O xoves 19 de xuño o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída medioambiental a pé desde o colexio ata o Lavadoiro de Picaños e o Parque do Lago, en Santiago de Compostela, co obxectivo de coñecer de preto distintos espazos naturais e reflexionar sobre a importancia da súa conservación. Ao longo da ruta, os estudantes pudieron observar como estes lugares forman parte do patrimonio natural e cultural da cidade, ademáis de servir de refuxio para numerosas especies de flora e fauna.

sábado, 6 de junio de 2026

Exposición Santiago Intramuros

Exposición na biblioteca do colexio na que os rapaces de 1º de ESO fixeron a parte correspondente as fontes e o oficio de "augadora" e o xardín de Fonseca

viernes, 5 de junio de 2026

Castillo de Andrade e Fragas do Eume

O alumanado de 1.º da ESO realizou unha enriquecedora excursión ao Castelo de Andrade e ás Fragas do Eume, unha experiencia que combinou historia e natureza. Durante a visita ao castelo, unha guía explicoulles dun xeito moi ameno a historia e a importancia de esta fortaleza medieval. Máis tarde, nas Fragas do Eume, realizaron unha andaina polo bosque atlántico mentres ían lendo os paneis informativos sobre as diferentes especies de fauna e flora da contorna, aprendendo así a valorar e respectar un dos espazos naturais máis importantes de Galicia.