Medioambiente Compañía de María Santiago
martes, 23 de junio de 2026
Visita ao Lavadoiro de Picaños e ao Parque do Lago
O xoves 19 de xuño o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída medioambiental a pé desde o colexio ata o Lavadoiro de Picaños e o Parque do Lago, en Santiago de Compostela, co obxectivo de coñecer de preto distintos espazos naturais e reflexionar sobre a importancia da súa conservación. Ao longo da ruta, os estudantes pudieron observar como estes lugares forman parte do patrimonio natural e cultural da cidade, ademáis de servir de refuxio para numerosas especies de flora e fauna.
sábado, 6 de junio de 2026
Exposición Santiago Intramuros
Exposición na biblioteca do colexio na que os rapaces de 1º de ESO fixeron a parte correspondente as fontes e o oficio de "augadora" e o xardín de Fonseca
viernes, 5 de junio de 2026
Castillo de Andrade e Fragas do Eume
O alumanado de 1.º da ESO realizou unha enriquecedora excursión ao Castelo de Andrade e ás Fragas do Eume, unha experiencia que combinou historia e natureza. Durante a visita ao castelo, unha guía explicoulles dun xeito moi ameno a historia e a importancia de esta fortaleza medieval. Máis tarde, nas Fragas do Eume, realizaron unha andaina polo bosque atlántico mentres ían lendo os paneis informativos sobre as diferentes especies de fauna e flora da contorna, aprendendo así a valorar e respectar un dos espazos naturais máis importantes de Galicia.
lunes, 24 de noviembre de 2025
Auditoría Ecoambiental de 2º de BAC
O pasado día 21, catro alumnos de 2º de BAC participaron no Colexio Maior nunha auditoría ecoambiental sobre o paseo do río Sar. A actividade, organizada pola Universidade e concello de Santiago, consistíu nun taller participativo de diagnóstico titulado “Sentir, pensar e debatir o Ecobosque”. Un diagnóstico dende as percepcións, emocións e propostas de cambio na búsqueda de crear ciudades máis habitables e sostibles.
lunes, 10 de noviembre de 2025
Coñecemos os cogomelos e fungos - 2º de E.P (Novembro/2025)
A semana pasada os alumnos de 2º de primaria visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Alí fixeron un obradoiro sobre a identificación de cogomelos e fungos, onde os puideron manipular e comprobar as súas diferentes partes, texturas e olores. Tamén visualizaron un vídeo e fixeron un experimento sobre unha técnica de cultivo de cogomelos na casa. A experiencia servíulles para aprender a importancia ecolóxica dos cogomelos e fungos como recicladores da natureza.
Día Mundial contra o cambio climático (24 de Outubro/2025)
O pasado día 24 de Outubro celebramos nas diferentes etapas do centro o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de vídeos e diferentes actividades nas aulas, o principal obxectivo foi o de concienciar os alumnos sobre as súas devastadoras consecuencias no noso planeta. Lembramos a importancia nesta data de xerar novas formas de consumo responsable e frear os efectos nocivos da contaminación, así como de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de minimizar os efectos deste fenómeno.
sábado, 4 de octubre de 2025
Día Mundial dos animais (4 de Outubro/2025)
Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e recuperación da fauna. Alí, o alumnado coñeceu de primeira man o traballo que realizan para protexer e rehabilitar animais, moitos deles rescatados de situacións de perigo. Durante a visita, vimos aves rapaces, réptiles e mamíferos, e aprendemos sobre a importancia de respectar o medio ambiente e a biodiversidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado día 24 as nenas e nenos de Ed. Primaria celebraron o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de víde...
-
Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e r...
-
A semana pasada os alumnos de 2º de primaria visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Alí fixeron un obradoiro s...


















