lunes, 29 de abril de 2024

Saída de infantil ao CIPX

O alumnado de 6º e 5º de Educación Infantil realizou unha saída ao CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela) no que participaron no obradoiro "Horta na escola". Tiveron a oportunidade de plantar unhas sementes propias da época do ano, as cales trouxeron para clase para así seguir co seu coidado e observación do proceso de crecemento. Foi unha actividade na que os nenos/as desfrutaron moito en contacto coa natureza.

viernes, 5 de abril de 2024

Día da árbore 21 de marzo

21 de marzo celebrouse o Día da Árbore e para conmemoralo os nenos e as nenas de Educación Infantil puxeron o seu gran de area plantando unha árbore por cada nivel. Coa chegada do bo tempo primaveral fixemos a nosa primeira visita á horta do colexio que nos deixou moi ilusionados para volver de novo.

Saída de infantil ao CIPX

O alumnado de 6º e 5º de Educación Infantil realizou unha saída ao CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela) no qu...