miércoles, 8 de noviembre de 2023

 Talleres de medioambiente no dia do Magosto no Colexio. Data 7 de Novembro

Os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Bioloxia impartiron unss talleres aos alumnos de Primaria.

Obxectivo da actividade:

-Coñecer e respetar a natureza.

-Achegarnos aos recursos próximos.

-Favorecer a creatividade.

Os talleres eran fundamentalmente prácticos e trataban diferentes temas:

 -Reciclaxe de papel.


-Herbas autóctonas e usos.




-Taller de Millo.


-Taller de castañas .



 Actividade sobre o Calentamento Global e Cambio Climático.        Data 25,26 e 27 de Outubro


Os alumnos de 1º de Bacharelato na materia de Bioloxía visualizaron o documental "Una verdad incómoda" e posteriormente contestaron un cuestionario sobre o mesmo.






martes, 7 de noviembre de 2023

Formación de carácter propio

Os docentes da Compañía de María de Santiago, de tódalas etapas (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato), tiveron o martes 31 de outubro unha sesión de carácter propio. Traballaron a lectura dun texto titulado "hacia unha ecoloxía integral" no que,a modo de epílogo, proponse unha conversión, un cambio de mentalidade e un cambio cultural para lograr unha ecoloxía integral que conteña á economía, de maneira que non esteñan separadas e poidan convivir unha ca outra. A continuación, realizouse unha segunda sesión conxunta na igrexa, co grupo de Interioridade do colexio, na que se fixo unha reflexión acerca destes aspectos.

martes, 24 de octubre de 2023

Reciclaxe en infantil

¡Recicla na escola e na túa casa! Aquí xa o facemos... e doado e axudamos a coidar o noso planeta! ANIMADESVOS??

jueves, 19 de octubre de 2023

Celebración do Día Mundial da Protección da Natureza

O pasado día 18 as alumnas e alumnos de Primaria celebraron "O Día Mundial da Protección da Natureza". Durante todo o día levaronse a cabo actividades nos diferentes cursos (visualización de vídeos, manualidades, actividades na aula, escribir nun muro de Padlet) que serviron para concienciar un pouco máis aos alumnos da importancia de coidar e protexer a natureza. 
Tareas: 
1.-Visualizar  o seguinte vídeo sobre o coidado do medioambiente

 

martes, 17 de octubre de 2023

SALIDA 2º ESO

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO foron hasta Marín e pasaron un día en plena natureza. Pola mañá fixeron unha caminata polo monte na que tiñan que atopar elementos fora de lugar (lixo) e facerlles unha foto. Pola tarde, tras comer estilo picnic foron ao Ecoparque. Aos dous días seguintes, na sesión de titoria, fixeron un debate na clase sobre a acción do ser humano na natureza.

SALIDA 1ºESO

O alumnado de 1ºESO tivo a oportunidade de visitar CORAX FAUNA, un refuxio de animais rescatados situado en Paderne. Participaron en actividades orientadas a xerar respecto e amor pola natureza, para apreciar a nosa fauna dende moi cerca e gozando dela.