martes, 23 de junio de 2026

Visita ao Lavadoiro de Picaños e ao Parque do Lago

O xoves 19 de xuño o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída medioambiental a pé desde o colexio ata o Lavadoiro de Picaños e o Parque do Lago, en Santiago de Compostela, co obxectivo de coñecer de preto distintos espazos naturais e reflexionar sobre a importancia da súa conservación. Ao longo da ruta, os estudantes pudieron observar como estes lugares forman parte do patrimonio natural e cultural da cidade, ademáis de servir de refuxio para numerosas especies de flora e fauna.

sábado, 6 de junio de 2026

Exposición Santiago Intramuros

Exposición na biblioteca do colexio na que os rapaces de 1º de ESO fixeron a parte correspondente as fontes e o oficio de "augadora" e o xardín de Fonseca

viernes, 5 de junio de 2026

Castillo de Andrade e Fragas do Eume

O alumanado de 1.º da ESO realizou unha enriquecedora excursión ao Castelo de Andrade e ás Fragas do Eume, unha experiencia que combinou historia e natureza. Durante a visita ao castelo, unha guía explicoulles dun xeito moi ameno a historia e a importancia de esta fortaleza medieval. Máis tarde, nas Fragas do Eume, realizaron unha andaina polo bosque atlántico mentres ían lendo os paneis informativos sobre as diferentes especies de fauna e flora da contorna, aprendendo así a valorar e respectar un dos espazos naturais máis importantes de Galicia.

lunes, 24 de noviembre de 2025

Auditoría Ecoambiental de 2º de BAC

O pasado día 21, catro alumnos de 2º de BAC participaron no Colexio Maior nunha auditoría ecoambiental sobre o paseo do río Sar. A actividade, organizada pola Universidade e concello de Santiago, consistíu nun taller participativo de diagnóstico titulado “Sentir, pensar e debatir o Ecobosque”. Un diagnóstico dende as percepcións, emocións e propostas de cambio na búsqueda de crear ciudades máis habitables e sostibles.

lunes, 10 de noviembre de 2025

Coñecemos os cogomelos e fungos - 2º de E.P (Novembro/2025)

A semana pasada os alumnos de 2º de primaria visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Alí fixeron un obradoiro sobre a identificación de cogomelos e fungos, onde os puideron manipular e comprobar as súas diferentes partes, texturas e olores. Tamén visualizaron un vídeo e fixeron un experimento sobre unha técnica de cultivo de cogomelos na casa. A experiencia servíulles para aprender a importancia ecolóxica dos cogomelos e fungos como recicladores da natureza.

Día Mundial contra o cambio climático (24 de Outubro/2025)

O pasado día 24 de Outubro celebramos nas diferentes etapas do centro o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de vídeos e diferentes actividades nas aulas, o principal obxectivo foi o de concienciar os alumnos sobre as súas devastadoras consecuencias no noso planeta. Lembramos a importancia nesta data de xerar novas formas de consumo responsable e frear os efectos nocivos da contaminación, así como de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de minimizar os efectos deste fenómeno.

sábado, 4 de octubre de 2025

Día Mundial dos animais (4 de Outubro/2025)

Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e recuperación da fauna. Alí, o alumnado coñeceu de primeira man o traballo que realizan para protexer e rehabilitar animais, moitos deles rescatados de situacións de perigo. Durante a visita, vimos aves rapaces, réptiles e mamíferos, e aprendemos sobre a importancia de respectar o medio ambiente e a biodiversidade.

martes, 30 de septiembre de 2025

Día Mundial contra o desaproveito de alimentos (29 de Setembro/2025)

O pasado 29 de Setembro celebrouse o Día Mundial contra o desaproveito de alimentos e os alumnos de Infantil visualizaron uns vídeos e fixeron diferentes actividades na aula para concienciarse do desperdicio e mala distribución dos alimentos no noso planeta.

lunes, 28 de octubre de 2024

Día contra o Cambio Climático

O pasado día 24 as nenas e nenos de Ed. Primaria celebraron o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de vídeos e diferentes actividades nas aulas, o principal obxectivo foi o de concienciar os alumnos sobre as súas devastadoras consecuencias no noso planeta. Lembramos a importancia nesta data de xerar novas formas de consumo responsable e frear os efectos nocivos da contaminación, así como de concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de minimizar os efectos deste fenómeno.






lunes, 29 de abril de 2024

Saída de infantil ao CIPX

O alumnado de 6º e 5º de Educación Infantil realizou unha saída ao CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela) no que participaron no obradoiro "Horta na escola". Tiveron a oportunidade de plantar unhas sementes propias da época do ano, as cales trouxeron para clase para así seguir co seu coidado e observación do proceso de crecemento. Foi unha actividade na que os nenos/as desfrutaron moito en contacto coa natureza.

viernes, 5 de abril de 2024

Día da árbore 21 de marzo

21 de marzo celebrouse o Día da Árbore e para conmemoralo os nenos e as nenas de Educación Infantil puxeron o seu gran de area plantando unha árbore por cada nivel. Coa chegada do bo tempo primaveral fixemos a nosa primeira visita á horta do colexio que nos deixou moi ilusionados para volver de novo.

jueves, 8 de febrero de 2024

ACTIVIDADE SOBRE O LIXO MARIÑO (1ª SESIÓN) - 1ºESO

Esta semana, o alumnado de 1º da ESO participou nunha actividade sobre a problemática do lixo mariño, organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Consistiu nunha presentación breve onde se expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, para adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos reducir ou tentar mitigar os seus efectos. Á volta do entroido terán a segunda sesión, na que se fará un obradoiro na aula.

viernes, 26 de enero de 2024

 Visita de los alumnos de 1º de Bachillerato a la exposición Hábitats.Ciudad de la Cultura

Esta exposición es una experiencia sensorial inmersiva que atraviesa 9 espacios naturales muy representativos y de gran importancia para la diversidad de nuestro planeta Tierra.

Los alumnos pudieron observar e interactuar con  diferentes especies de animales en sus propios hábitats gracias a las gafas de realidad virtual.

El objetivo de esta exposición es conseguir que los visitantes desarrollen una empatía por el medioambiente y que entiendan la trascendencia de su conservación.









 Práctica de 1º Bachillerato.Análisis de muestras de agua del entorno de Santiago.

Los alumnos recogieron muestras en diferentes zonas de Santiago; río Sar, un charco, fuentes.....

En el laboratorio analizaron las diferentes características físico-químicas y biológicas de las  muestras y sacamos conclusiones de los resultados.





Foreing Languages Days in Infantil

 A semana pasada celebramos no colexio os Foreing Languages Days, sendo a sustentabilidade e o coidado do planeta o tema principal destas xornadas. En educación infantil, centrámonos na importancia da limpeza dos océanos e o coidado dos animais mariños. Así, adxúntase unhas fotografías sobre as actividades que fixeron os cativos/as durante estas xornadas, nas que predominaron o xogo e a diversión como método de aprendizaxe! Os pequenos/as pasárono xenial!E todo en inglés!!