jueves, 8 de febrero de 2024
ACTIVIDADE SOBRE O LIXO MARIÑO (1ª SESIÓN) - 1ºESO
Esta semana, o alumnado de 1º da ESO participou nunha actividade sobre a problemática do lixo mariño, organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Consistiu nunha presentación breve onde se expuxeron de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, para adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos reducir ou tentar mitigar os seus efectos.
Á volta do entroido terán a segunda sesión, na que se fará un obradoiro na aula.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Auditoría Ecoambiental de 2º de BAC
O pasado día 21, catro alumnos de 2º de BAC participaron no Colexio Maior nunha auditoría ecoambiental sobre o paseo do río Sar. A actividad...
-
O pasado día 24 as nenas e nenos de Ed. Primaria celebraron o Día Internacional contra o Cambio Climático. A través da visualización de víde...
-
Na súa excursión de principio de curso, o alumnado de 1º da ESO realizamos unha visita guiada a Corax Fauna, centro educativo de rescate e r...
-
A semana pasada os alumnos de 2º de primaria visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís. Alí fixeron un obradoiro s...


